Falando de prazas e placas

FAF-1O Foro de Amigos de Ferrol na súa labor de defensa e coñecemento do Patrimonio da cidade, nesta ocasión amosa dous exemplos contrapostos de coidado do mesmo.

¿Praza de España-castro celta?

O que no seu día foi a praza de España, un amplo e despexado lugar de entrada ao centro da cidade, na vez de se converter nun sitio de solaz e de encontro cidadán, nunha nova ocorrencia municipal (a cuarta sobre o mesmo tema), está a ser transformado nunha especie de antiga citania celta.

faf-17-1

Achéganse fotografías de catro dos castros máis coñecidos da Comunidade de Galicia (Baroña, Santa Tegra, San Cibrán de Las e Viladonga) para que o avisado lector adiviñe en cal deles se inspira o modelo que se está a seguir nas obras da antiga praza.

faf-17-2

Placa ben coidada

O 20 de Outubro de 1864 naceu en Ferrol Frederik Howard Shaw, de ascendencia británica. Traballando na Administración española, dentro do goberno de Antonio Maura, xogou un papel de gran importancia na creación do Instituto Nacional de Previsión, antecedente da actual Seguridade Social. Persoeiro de grande notoriedade, esquecido polos ferroláns, non obstante fai pouco tempo lembrado por Galicia Ártabra Digital.

Falecido o ano 1924, ao cumprirse dous meses da súa morte, colocouse unha placa na súa lembranza no balcón da súa vivenda natal, situada na céntrica rúa Galiano. A placa, artística obra do escultor galego Francisco Asorey, continúa colocada de xeito visible no seu lugar, desta rolda como exemplo de boa conservación do patrimonio cultural.

faf-17-3

 

 

Lea también

Ares entrega os premios do IV Concurso de Escritura Creativa de Microrrelatos Escolares

Concello de Ares e CPI As Mirandas entregaron esta semana os premios do IV Concurso …