El enigma del convento. Gaña a XXV edición do premio de narrativa Torrente Ballester

Jorge Eduardo Benavides
Jorge Eduardo Benavides

“El enigma del convento”, de Jorge Eduardo Benavides, é a obra gañadora da 25 edición do Premio de Narrativa Torrente Ballester outorgado pola Deputación da Coruña. O fallo tivo lugar hoxe día 28 e os membros do xurado, comisariado por Mercedes Monmany, destacaron da obra “a súa espléndida factura e o xeito que ten de recoller a vida antes da descolonización nas dúas orillas, a de Latinoamérica e a de España”.

O Torrente Ballester é o recoñecemento cultural decano da institución provincial e un dos de maior prestixio a nivel nacional, dotado con 25.000 euros en metálico e a edición da obra.

A vicepresidenta da Deputación e responsable do área de cultura provincial, Mariel Padín, foi a encargada de comunicar esta mañá o fallo, despois de, como ela mesma relatou, felicitar telefonicamente ao autor. “Desde o ano 1989, o Torrente Ballester premia, ano a ano, as mellores obras de narrativa, tanto en galego coma en castelán, cun elevadísimo nivel de calidade e unha altísima participación, o que o converteu nun dos recoñecementos máis prestixiosos da literatura hispana”, destacou a vicepresidenta.

Nun acto no que tamén estivo presente o vicepresidente, Antonio Cañás, a comisaria do premio, Mercedes Monmany, destacou “la altísima calidad de todos los finalistas, todos ellos podrían haber sido los premiados”. Sobre “El enigma del convento”, Monmany subliñou “una factura espléndida, porque es una obra muy bien escrita sobre las dos orillas, España e Hispanoamérica, en un momento decisivo y con un gran enigma por resolver”.

25-torrente-ballesterComo portavoz do xurado, Ángel Basanta felicitou á Deputación da Coruña “por mantener un premio tan importante para la literatura como es el Torrente Ballester que se avala tanto con la calidad de su catálogo de autores como por la pericia de su jurado”.

Neste sentido, Basanta recordou unha anécdota na que participou o propio autor ferrolán cando formaba parte do xurado do premio: “Torrente decía que pasaría a la historia de la literatura por la existencia de este galardón. Sabemos que no es así, pero nos da una idea de cómo valoraba este reconocimiento”.

Os membros do xurado elixiron a obra gañadora entre as 593 presentadas, unha cifra moi próxima ao récord que se bateu no ano 2011 con 611 candidatos ao premio e moi superior ás 348 recibidas no ano 2012. O tribunal estivo composto por Amalia Iglesias, Ángel Basanta, José Antonio Ponte Far, José María Pozuelo Ybancos, Charo Canal, Ernesto Pérez Zúñiga e Mercedes Monmany.

 

 

Lea también

El «XVI Concurso de Piano Sociedad Artística Ferrolana-2024» se celebra este sábado día 20

La Sociedad Artística Ferrolana (SAF), celebrará este sábado día 20 en horario de 10 a 14 …