O BNG tacha a actitude do alcalde de cinismo absoluto no tema do naval

ivan -6«Para O Bloque Nacionalista Galego de Ferrol é intolerabel que o partido do goberno do Estado poida actuar con esta impunidade, actuando ao mesmo tempo de goberno e de oposición, nunha falsificación da relidade e das implicacións que teñen as decisións políticas sobre o sector naval na cidade na que todos os gobernos do Estado asumiron un deseño destinado á súa liquidación.» sinala o BNG nun comunicado enviado na xornada deste xoves.

Iván Rivas, portavoz do BNG de Ferrol, sinalou que «o proceso de baleirado das gradas dos estaleiros da ría, non é un problema de competitividade como demostran as contas da propia empresa, senón que é un proceso acumulativo de toma de decisións políticas conscientes que teñen como obxectivo desenvolver unha nova reestructuración no sector naval, ao que o Estado español renunciou desde a súa entrada na UE, da mesma maneira en que o fixo respecto do sector lácteo, pesqueiro ou gandeiro, e que, ao marxe das decisións e responsabilidade da dirección da empresa, responden a un deseño político compartido por todos os gobernos do Estado.

E é por isto que a actitude do Alcalde desta cidade é dun cinismo absoluto ao responsabilizar unicamente á xestión dunha empresa estatal da situación económica da cidade e non cuestionar as directrices políticas das que depende esta empresa, e que ademáis, na actualidade están dictadas por dirixentes do seu propio partido político.» remata o voceiro do BNG  no concello de Ferrol.

 

Lea también

Los bomberos de Ferrol dejan de prestar servicio en otros seis municipios de la comarca

El presidente de la junta de personal del Ayuntamiento de Ferrol, Javier Sandá (CSIF), ha …