Mañá comeza o prazo de inscrición para un novo itinerario formativo

Pescado

A Concellería de Emprego do Concello de Ferrol, que dirixe Martina Aneiros Barros, anunciou un novo itinerario formativo de “Peixaría”. Este curso enmárcase no proxecto “Ferrol punto de emprego II” da Administración municipal, e está cofinanciado polo Fondo Social Europeo (FSE). O prazo de inscrición abre o mañá luns, día 20, e finaliza o 29 e as solicitudes deberán presentarse no Centro de Emprego do Concello de Ferrol de 9 a 14 horas.

Esta acción formativa está dirixida a persoas desempregadas inscritas no Servizo Público de Emprego de Galicia que se atopen empadroados no termo municipal e posuír como mínimo o graduado en Educación Secundaria Obrigatoria (ESO). Así mesmo, deberán pertencer a algún dos seguintes colectivos: menores de 30 anos; maiores de 45 anos; parados de longa duración, cunha antigüidade superior a doce meses. Os interesados deberán entregar a seguinte documentación: copia do DNI; copia actualizada da Tarxeta de Demandante de Emprego; volante de empadroamento expedido pola Oficina de Estadística Municipal; informe de períodos de inscrición emitido pola Oficina de Emprego; acreditación do nivel formativo; e o currículum vitae.

O curso de peixaría terá unha duración de 410 horas, das cales 240 son de práctica profesional en empresas. A edil de Emprego explicou que o obxectivo desta acción formativa “é capacitar os participantes para: seleccionar e comprar produtos de pesca; para a súa preparación mediante técnicas de lavado, descabezado; eviscerado; descamado; cortado e fileteado, segundo os casos, mantendo as necesarias condicións de conservación e respectando a normativa de calidade, de medio ambiente así como as medidas de seguridade e técnico-sanitarias vixentes”. O alumnado tamén aprenderá a levar a cabo as funcións relativas á xestión e administración dunha peixaría.

O itinerario formativo contempla módulos de formación específica, práctica profesional titorizada en empresa, formación transversal-complementaria e titorías individualizadas durante todas as fases. En canto aos contidos da acción formativa, estarán distribuído nos seguintes módulos: selección e abastecemento de peixes e mariscos; manipulación de peixes e mariscos; e xestión e administración dunha peixaría. O proxecto “Ferrol, punto de emprego II”, cofinanciado polo Fondo Social Europeo (FSE), ten como obxectivo proporcionar aos beneficiarios unha cualificación profesional que lles permita acceder con mellores condicións de empregabilidade ao mercado laboral.

 

 

Lea también

Aceptadas 4 propuestas de mejora del COAG a la ordenanza de licencias de Ferrol

La concejala de Urbanismo de Ferrol, Blanca García, dio cuenta este miércoles en la comisión …