Berros e olladas no Centro Cívico de Caranza

emilioA palabra e a imaxe danse a man contra a violencia de xénero.

Tan indecisas!

Caducan as mentiras

unha tras outra.

«Andrea Fernandez Maneiro”

De Berros e Olladas é unha mostra de distintos estilos fotográficos que trata de expresar de xeito visual a repulsa contra a violencia de xénero e que se ofrece no Centro Cívico de Caranza

Marga Piñeiro Díaz, Enrique González Pérez, Isidro Cea e Andrea Fernández Maneiro, son os tres fotógrafos e a escritora que conxugan os seus diferentes puntos de vista para dar forma a unha mesma idea: o NON rotundo ó abuso psicolóxico e físico.

Enrique González traballa o dramatismo expresado en dez imaxes de doloroso realismo. Sen caer na estridencia do explícito pero sen calar a amargura do sentimento.

Marga Piñeiro fala do oculto, do que se esconde tras a alma dos seres implicados e, acompañada dos haiku de Andrea Fernández. Maneiro, acompasa cada imaxe coa palabra deixando o arrecendo da idea que quere representar.

Isidro Cea presenta un fotopoema. Unha pequena composición na que cada verso titula unha imaxe de temática fatástica, conformando ó remate un poema.

Catro persoas e catro xeitos de ver unha mesma e triste realidade

GAD-Andrea Fernández é a palabra escrita… o Berro que acompañan o traballo de Marga Piñeiro. Andrea, fálanos dos Haiku.

-A.F. –Os Haiku son simplemente un complemento porque o traballo de Marga fala por si só. Pero eu non podía resisti-la tentación de ver esas imaxes sin poñerlles un pe de foto, e Marga decidiu que son o complemento axeitado a pesares que a lupa que ella lle puxo a ese traballo é máis que suficiente. Con todo, e como diría algún Chef, como os acompañamentos son importantes en calquera plato que se prece a miña palabra, os meus berros, van da man das olladas.

emilio-4GAD-Enrique González, ¿Que é de berros e olladas?

-E.G.Tres visions distintas para dicir “Non á Violencia de Xénero”. Eu creo que é o mellor desta exposición. A cantidade de xeitos diferentes de dicir a mesma cousa, para expresar o mesmo rexeitamento.

Encántame o minimalismo de Marga, a fantasía desbordada de Isidro e pola miña banda quixen expresarme con tonos frios casi monocromáticos. As diferentes olladas e xeitos de mirar… iso é “De Berros e Olladas”.

GAD-Tres visións diferentes con tres títulos diferentes. A túa proposta chámase “Bagoas de Metal”.

-E.G.-¿Quen non chorou algunha vez despoís dun suceso violento? ¿A quen non se lle clavaron as bagoas no seu corpo tras ver exemplos desta lacra? ¿Tras ver que a persoa que abriu o seu corazón non recibe a cambio o que ela entrega? Non son bagoas de ledicia, nin siquera de tristeza son bagoas afiadas que se che cravan no fondo do espíritu.

emilio-2-GAD-Marga Piñeiro, ¿Qué é mullerémonos?

-M.P.-Andaba cavilando no título para a miña proposta. Barallaba poñerlle “mal de moitas” pero realemente era unha vision moi pesimista, e contaxiada polas mostras dos meus compañeiros, Quique e Isidro, e vendo que eles rematan cun halo de esperanza e de ansia por sair dese inferno, desa opción tan negativa, empecei a pensar nalgo máis positivo. Entón foi cando Andrea me dixo que ella tiña un proxecto chamado “mullerémonos” e xa o vinculamos. E penso que si, que é o que buscaba. Metérmonos nos zapatos desas persoas que sufren malos tratos e afondar nos sentimentos desa xente.

GAD-Fotógrafa de Chantada á que a fotografía lle aporta…

-M.P.-Éncheme e dende logo é a miña verdadeira vocación. Non tanto as reportaxes como a fotografía artística. Nese campo son feliz e nesta exposición deixo un pedaciño dese sentimento.

emilio-3GAD-Isidro, iso do fotopoema… ¿Qué é?

-I.C.-Unha conxunción de palabras e imaxes. Cada unha das miñas fotos é un verso que por separado quizais podería estar en calquera outra exposición dunha temática diferente, pero que como visión conxunta manda unha mensaxe moi clara en forma de poema… “Tratareite coma unha rosa”. Unha frase que leva a engano… é como dicir “serás a miña princesa… só para min” “eres a luz da miña alma”, unha alma escura e sombría de adxetivos posesivos. Pero esta proposta remata cunha mensaxe que pretende ser optimista: “renacerei”.

GAD-E todo iso dentro deo teu estilo de universos imaxinados.

-I.C.-Si. A fotografía de fantasía é o estilo no que me gusta expresarme. Para realidades xa temos os informativos de cada día. Gústame agocharme dentro da miña imaxinación, entre fadas, trasnos, anxos e demos.

GAD-De Berros e Olladas, unha mostra con varias disciplinas expositivas, contra a violencia de xénero. ¿Onde estaredes nos vindeiros meses?

emilio-1-M.P.-Despois de Ferrol percorreremos toda Galicia empezando por Vilagarcía, Carballiño, Sada, Chantada… en fin, no 2014 non pararemos e xa estamos pechando datas para o 2015.

GAD-A Palabra e a imaxe danse a man neste traballo e, coido que podemos rematar cun dos haiku. ¿Con cal queres despedirte, Andrea?

-A.F.-Quizais sexa preciso que a xente se achega á exposición para entendelo plenamente, pero a min, este en particular, emocióname:

Monosílaba

bisílaba partida

como ser unha?

GAD-Moitas gracias ós catro.

 

 

 

Lea también

Ferrol se adhiere a la Red de Municipios en Transición Justa-ACOM

El teniente alcalde de Ferrol y concejal de Promoción Económica y Empleo, Javier Díaz, avanzó …