A porta do Estaleiro e o arco de Fontelonga

FAF-1O Foro de Amigos de Ferrol denuncia un novo descoido e falta de protección do Patrimonio Cultural da cidade de Ferrol

A petición do galardón de Patrimonio Mundial para a cidade de Ferrol abrangue un total de cincuenta elementos patrimoniais, moitos deles propiedade de administracións diferentes da municipal: Ministerio de Defensa, Xunta de Galicia ou empresa Navantia, mesmo pertencentes a outros concellos veciños. Semella claro que estes bens patrimoniais, dalgún xeito, primeiro deberían ser Patrimonio da Cidade para que logo poidan ser Patrimonio da Humanidade. O problema consiste en que o Concello non é quen de preservar a integridade e a autenticidade destes bens.

Porta do Astaleiro

No barrio de Esteiro, como lembranza da época da Ilustración, quedan hoxe en pé dous monumentos: a Porta do Estaleiro e o Arco de Fontelonga. A Porta do Estaleiro, que servía de acceso ao mesmo desde o Cadro de Esteiro, amosa no seu frontis un fermoso escudo das armas reais feito en pedra calcaria, substituíndo o ano 1857 ao remate orixinal da espadaña coa campana, conservando o arco escarzano e a ben traballada porta de madeira adobiada co relevo de variados instrumentos gremiais.

faf-26-1

faf-26-2

Hoxe, este ben patrimonial sofre a agresión estética da protesta, por outra parte entendible, dos traballadores da empresa Navantia, colgando na porta e na reixa circundante a roupa de traballo, dun xeito rechamante e esperpéntico. A maiores, o entorno da entrada á devandita Porta ven a sufrir desde tempo atrás o maltrato cidadán co estrago dos asentos e os carteis ilustrativos, convertendo este monumento nun vergoñento exemplo de incuria e desleixo do barrio de Esteiro.

 Fontelonga

No que atinxe á histórica Porta de Fontelonga, trátase da única porta de mar que se conserva do antigo recinto amurallado da cidade, aínda que se perdeu o peirao, sepultado hoxe por novas construcións. Actualmente consérvase o histórico conxunto deseñado o ano 1772 por Dionisio Sánchez de Aguilera e formado pola rampla de cantería de baixada, a ben traballada garita cupulada, a fonte de uso veciñal e unha artística arcada. Na baixada, facendo de contraforte entre dous lenzos da muralla, amosa un rechamante arco rampante ou por tranquil, cunha luz de 8 metros, feito de perpiaños de pedra de grá.

faf-26-3

Neste intre o Arco de Fontelonga é propiedade da Armada e intégrase dentro do recinto militar do Cuartel de Batallóns, sometido a restricións na súa visita. Á vista do mal estado e o maltrato da Porta do Estaleiro, o mesmo que ocorre noutros exemplos de desleixo cidadán, é triste convir que aquilo que debería ser patrimonio da cidade, como é o caso do Arco de Fontelonga, aínda non debe ser desafectado da súa propiedade militar, dado que semella sela única maneira de podelo conservar en boas condicións para as futuras xeracións, a salvo da incuria de pobo ferrolán.

En resumo, perante o maltrato que sofre a Porta do Estaleiro e o peche á visita pública do Arco de Fontelonga, a Asociación de Veciños de Esteiro algunha cousa tería que manifestar.

CORRIGENDA

O Foro de Amigos de Ferrol  na anterior

entrega cometeu o erro de considerar como

fonte a unha construción destinada a ser

unha das xardineiras da Praza de España.

Rectificamos así a información anterior.

 

 

Lea también

Presentación en el Ateneo Ferrolano de «El tiempo, la mirada y la palabra» de Jose Luis Outes

  Este miércoles 17, tendrá lugar en el salón de actos del Ateneo Ferrolano la …

Un comentario

  1. La exhibición día tras día de la verja del astillero con la » ropa tendida» en señal de protesta sin que el ayuntamiento haga una radical limpieza, demuestra por un lado la falta de capacidad para exhibir una digna y legítima protesta y exigencia de soluciones que lleguen a las » alturas» en lugar de la mugrienta carnavalada actual y por otro la pasividad del ayuntamiento en el mantenimiento de la limpieza de sus calles, no creo que así se pueda conseguir algo para recuperar los puestos de trabajo perdidos.