O BNG presenta unha proposicíón non de lei sobre unha actuación urxente en Ferrol Vello

casa-3-3

O Bloque Nacionalista Galego rexistrou  na mañá deste mércores, día 5, unha Proposición Non de Lei no Parlamento de Galicia na que solicita que o Parlamento inste á Xunta de Galicia, en colaboración co Concello de Ferrol, a actuar con urxencia coa finalidade de garantir a conservación, recuperación e posta en valor do barrio de Ferrol Vello, como conxunto declarado Ben de Interese Cultural.

Para o BNG a Xunta de Galicia, ao tratarse Ferrol Vello dun Ben de Interese Cultural, ten responsabilidade directa sobre esta situación e non o pode, nen debe, abandonar à súa sorte nen mirar para outro lado vendo como se deteriora irremediabelmente unha parte importante do patrimonio galego.

Desde o BNG se indica que noutras situacións a administración galega tense implicado decididamente na recuperación de zonas de valor patrimonial degradadas, polo que creen que cumpre facer o mesmo co barrio de Ferrol Vello.

É polo que o BNG considera que a administración debe de fomentar, informar e intervir, ademáis de promover a presenza pública no solo urbano co fin de desenvolver unha política activa de rehabilitación e renovación desde a propia administración.

O BNG incide en que a Xunta de Galicia ten as competencias en materia de vivenda e sendo Galicia a que ten a porcentaxe de vivenda desocupada máis alta de todo o estado, ademais de que a cidade de Ferrol é das cidades galegas a que máis alta porcentaxe ten de vivenda baleira, chegando esta ao 20%, e sendo un dos barrios máis afectados por esta problemática o propio barrio de Ferrol Vello, a Xunta de Galicia ten a obriga de actuar de maneira decidida co fin de mediante intervencións de carácter público paliar esta situación.

O BNG lembra na súa iniciativa que o barrio ferrolán de Ferrol Vello foi declarado Ben de Interese Cultural coa categoría de conxunto histórico mediante resolución da Xunta de Galicia do 10 de febreiro de 2011, e que hoxe, máis de tres anos despois da súa declaración como BIC , Ferrol Vello «segue agardando pola redacción e aprobación do seu Plan Especial, vendo como as medidas impulsadas desde o Goberno Municipal amosanse claramente insuficientes para frear o deterioro do barrio e como programas, como o Urban, que deberían servir para axudar a frear o deterioro do mesmo e recuperar parte dos seus edificios emblemáticos como a Casa de Carvalho Calero non se desenvolven.» sinalan nun comunicado.

Así mesmo o BNG lembra que ademais desta iniciativa ten formulada unha pregunta parlamentar sobre o barrio de Ferrol vello na que queren coñecer a valoración que fai a Xunta da situación actual na que se atopa o barrio e se vai realizar a Xunta de Galicia aalgunha actuación urxente para evitar que se siga a deteriorar o conxunto BIC de Ferrol Vello.

 

 

Lea también

Reunión entre el alcalde de Ferrol y las entidades vecinales afectadas por las obras de As Pías

El alcalde de Ferrol, José Manuel Rey Varela, participó este viernes en la reunión convocada …