O BNG esixe ao Goberno Local que cumpra a ordenanza de normalización lingüística

bng-logoO BNG quixo desenvolver un acto símbolico para evidenciar a actiude de desleixo fronte a lingua que mantivo durante todos estes anos o goberno municipal e que se exemplifica na última campaña posta en marcha polo goberno local, o plan de dinamización comercial do centro, que incumpre a Ordenanza Municipal de normalización lingüística na que especifica que a lingua oficial do concello de Ferrol é o idioma galego, denunciando que esta campaña esta toda en castelá, tanto os trípticos como a cartelería  a paxina web.

O Grupo Municipal nacionalista quixo facer coincidir este acto co día no que o Goberno Local ten convocado o Consello Municipal da Lingua, unha convocatoria que se fai como se se tratara dun acto ritual, no que só se inclue un único punto da orde do día: posicionarse sobre a candidatura de Ricardo Carvalho Calero ao Día das letras Galegas; lembrando tamén que este tema é unha proposta que xa esta aprobada en reiteradas ocasións polo pleno da corporación municipal e na que todos os grupos da corporación están dacordo e fronte a que a figura de Carvalho Calero este goberno municipal non ten ningún compromiso real como se evidencia no estado no que se atopa a propia vivenda deste personaxe representante da lingua e cultura galega e como se evidencia no feito de que este goberno municipal non ten nas súas bibliotecas públicas a obra completa do profesor ferrolán

carte modificado galego 12-3Con esta acción, o BNG o que quere é reivindicar o feito de que no Concello de Ferrol é preciso que se cumpran as propias ordenanzas das que se ten dotado a propia administración municipal, entre elas a de normalización lingüística, algo que segundo os nacionalistas, os membros do Goberno Local non acatan e incumpren desde que chegaron ao goberno desta cidade.

Lea también

«O Talentiño», certamen ferrolano que promueve el talento juvenil, ya en su recta final

«O Talentiño», el prestigioso certamen ferrolano del Concello de Ferrol que celebra y promueve el …