Recital poesía Amigos da Paisaxe Galega

recital-poesia-170514
Co gallo do Día Das Letras Galegas 2014 adicadas a Xosé María Díaz Castro, a Sociedade Amigos da Paisaxe Galega en O Seixo, convida a tódalas persoas que desexen asistir ao Recital de poesía que terá lugar o día 17 de maio no salón de actos do local social ás 12:00 horas.

Convidan a toda a cidadanía interesada en recitar, que leve a súa poesía e a recite para todos os presentes. A poesía pode ser do homenaxeado nese día ou de calquera outro/a autor/ra en Lingua Galega, tamén está aberto o acto a quen queira recitar a poesía da súa propia creación.

Convidan, tamén, a calquera Grupo Novel de Música Galega para actuar no evento, toda unha excelente oportunidade para darse a coñecer.

Lea también

Ares entrega os premios do IV Concurso de Escritura Creativa de Microrrelatos Escolares

Concello de Ares e CPI As Mirandas entregaron esta semana os premios do IV Concurso …