A Estación de Bioloxía Mariña da Graña incorpora última tecnoloxía en escáneres

estacion graña-escanerA Estación de Bioloxía Mariña da USC na Graña conta xa cun escáner MicroCT que permite aos grupos de investigación e empresas especializadas obter imaxes en alta resolución en dúas e tres dimensións a partir de mostras de pequeno tamaño.

Esta ferramenta foi presentada o venres, día 16, nun acto no edificio CACTUS, no Campus Vida,en Santiago de Compostela,  no que participou o vicerreitor de Investigación e Innovación, Francisco García.

O director da estación e catedrático da USC Victoriano Urgorri, explicou as vantaxes de empregar este escáner para a investigación en diversos campos.

Á presentación tamén asistiron o director da Rede de Infraestruturas de Apoio á Investigación e ao Desenvolvemento Tecnolóxico (RIAIDT), Raúl Vieira, e o director do Campus do Mar, Emilio Fernández.

Lea también

Los Mupis de Ferrol promocionan la Semana Santa

El Ayuntamiento de Ferrol ha actualizado los mupis que dan la bienvenida a la ciudad …