Cabanas Rural Asociación de Mulleres organiza unha Tarde Solidaria

cartel-tarde-solidariaPor quinto ano consecutivo, Cabanas Rural Asociación de Mulleres celebrará a súa Tarde Solidaria. Será o vindeiro 7 de xuño dende as 16:30 horas no pavillón de Lavandeira, e con ela, a entidade quere volver a recadar fondos para colaborar co traballo que está a desenvolver AFAL Ferrolterra na comarca de Ferrol dende o ano 1997 para mellorar a calidade de vida dos enfermos de Alzheimer e das súas familias.

Unha Tarde Solidaria cargada de emocións, sentimentos e momentos inolvidables na que a música, o baile e as manualidades en directo serán os grandes protagonistas.

Os usuarios do Centro de Día Terapéutico de AFAL Ferrolterra terán un papel máis que destacado, xa que serán os encargados de inaugurar as actividades previstas xunto coas mulleres que participan no taller de manualidades de Lavandeira. Conxuntamente, realizarán un cadro.

A idea de celebración parte deste taller e dos seus participantes, a través da sua monitora María Porto, Cabanas Rural puxo en feitos as ideas que partiron deste grupo, así son cinco anos de amizade son xa os que nos unen a AFAL Ferrolterra.

Haberá unha tuna, que ven dende Santiago ataviados coas capas cheas de cintas, regalos de nais, amigas ou mozas, escudos. A media tarde poderase disfrutar dunha merenda, a base de chiculate e biscoitos. A actuación de baile ven da mán da academia de baile FUSION DANCE, de Fene. Tamén haberá bailes de salón, latinos ou mesmo baile deportivo ou de competición.

Lea también

Efectivos del GES de Ortigueira localizaron a una mujer que estaba desaparecida

Efectivos del Grupo de Emerxencias Supramunicipal-GES de Ortigueira lograron localizar a una vecina de esta …