O BNG de Ares acusa ao alcalde de "vampirizar" politicamente a súas iniciativas

ares-centro salud«De vampirismo político» calificou o portavoz do BNG, Emilio Mesías, a actitude do alcalde de Ares perante a presentación dunha moción do BNG na que se pedía do pleno o acordo para reclamar urxentemente o comezo das obras do prometido e reiteradamente incumprido novo Centro de Saúde.

O portavoz do BNG afirmou que “a actitude do alcalde levou ao esperpento de retrasar o comezo do pleno para poder presentar unha moción-copia do PSOE sobre o mesmo asunto, demostrando unha falta de formalidade que raia no máis puro sectarismo, como demostra sempre coas propostas do BNG”; aínda que ao final aprobáronse as dúas propostas «porque a presentada polo PSOE era copia literal da do BNG, aínda que sen exposición de motivos».

Mesías reiterou con contundencia que “o goberno municipal, co seu alcalde á cabeza, non só carece de iniciativa -neste caso, mantendo a calada perante os reiterados incumprimentos da Xunta- senón que agora pretende lavar a cara cunha manobra burda e infantil como é piratear a iniciativa do BNG; cando todo o mundo sabe que o traballo de información e recollida de sinaturas fixémolo desde o BNG”

Hai que lembrar que o BNG fixo na pasada semana unha recollida de sinaturas no exterior do actual Centro de Saúde, ao tempo que repartía un comunicado á cidadanía  no que explica os pormenores da situación e os diversos incumprimentos e retrasos na acometida das obras previstas.Recollida de sinaturas que, en só catro días e centrada fundamentalmente nas persoas usuarias, pode considerarse como satisfatoria; superando o número de 300.

O BNG ten previsto remitir agora estas sinaturas tamén á Consellaría de Sanidade, ao tempo que presentará unha nova iniciativa no Parlamento Galego (hai unha presentada hai agora un ano, que aínda non foi respostada) e, logo do periodo vacacional, estudaremos a posibilidade de algunha mobilización cidadá para o caso de que a Xunta non concrete prazos e investimentos no actual exercicio para a execución do novo Centro de Saúde.

Lea también

Valdoviño y Aspaneps favorecen el reciclaje de tapones de plástico

El Ayuntamiento de Valdoviño y Aspaneps, Asociación de Padres de Niños con Problemas Psicosociales,  inician …