EU considera positiva a reordenación do espazo público do Pepri de Ferrol Vello

ferrol-velloA área de Urbanismo e Vivenda do Consello Político Local de Esquerda Unida considera globalmente positiva a proposta de reordenación do espazo público formulada pola empresa redactora no Plan especial de protección e rehabilitación de Ferrol Vello. A rexeneración do barrio pasa, necesariamente, pola racionalización de espazos e unha aposta pola mobilidade peonil. Esta materialización que se propón claramente para a o adro da Igrexa de San Francisco, e progresivamente para a rúa do mesmo nome, debería materializarse para a fronte portuaria, suprimindo as prazas de aparcadoiro en superficie e mellorando a habitabilidade do espazo público do conxunto da fachada marítima da cidade.
Dotación de aparcadoiro

Con respecto a dotación de aparcadoiro que se propón, baixo rasante na praza de Eduardo Pondal, Esquerda Unida propón a apertura dun debate público con información rigorosa por parte da empresa redactora así como o careo público do goberno municipal coa veciñanza do barrio. A veciñanza e a cidadanía en xeral ten que estar exhaustivamente informada do por que da modificación do previsto polo plan de mobilidade ( plan de mobilidade que os redactores do plan especial toman, polo demais, como referencia) das súas vantaxes e das garantías que se están a ofrecer para a dotación pública de aparcadoiros de vehículos unha vez revitalizado o barrio.

Por que non contemplar tamén a parcela de Hispania? Falamos do seu conxunto. A maiores da obrigada reserva que a propiedade ten que facer e que no plan se denomina “xardíns de Hispania”, 746 dun total de 3450 metros cadrados. Aquí a posibilidade de compatibilizar praza verde con aparcadoiro público verde é a proba de algodón para calquera goberno municipal que se tome en serio os plans que publica no DOG.

Plan de mobilidade

Queda por último unha cuestión non menor para un plan especial que toma como referencia o mencionado de mobilidade: cómpre incorporar ao plan as formulacións do plan de mobilidade para transporte público terrestre: o silencio ao respecto doutros modos que transporte alternativos ao vehículo privado é clamoroso. Incomprensible no caso do autobús e do carril bici, aspectos clave para a nosa organización, na procura dunha cidade compacta e sostible medioambientalmente debe promoverse o uso do transporte público e de medios alternativos non contaminantes, claro que se o propio concelleiro responsable da área, Pablo Cal, recoñece “non ter nin idea de transportes” cabe na pura lóxica deste goberno que non estea contemplado. Será motivo de alegacións por parte de Esquerda Uni
da.

Lea también

Ciclo de Aulas temáticas para a promoción da saúde dos maiores na AVV de San Pablo en Ferrol

Están organizadas pola Asociación Cáritas e a Consellería de Política Social, en colaboración coa Asociación …