XXVI Edición do premio de narrativa Torrente Ballester

25-premios-torrente
Este ano presentáronse 610 obras procedentes de 26 países. Trátase dunha cifra próxima ao récord de participación que se logrou en 2011 con 611 libros.

De todas estas obras, 565 están escritas en castelán e outras 45 presentáronse en galego. Agora o xurado terá que decidir cal delas se levará o XXVI premio Torrente Ballester, dotado con 25.000 euros. O fallo está previsto para outono e a Deputación da Coruña encargarase da edición da obra seleccionada.

Este galardón, o máis antigo da Deputación e un dos de maior prestixio a nivel nacional, naceu co ánimo de fomentar a calidade fabuladora e a creatividade dos escritores, ao tempo que se rende homenaxe ao ferrolán Gonzalo Torrente Ballester. De feito, con motivo do 25 aniversario do premio, o ano pasado creouse a denominada Ruta Torrentiana, un traxecto guiado por Ferrol que percorre os lugares máis simbólicos da vida e da obra do autor.

LIBRO CONMEMORATIVO DOS 25 ANOS DO PREMIO

A Deputación da Coruña acaba de editar o libro “Los 25 premios Torrente”, unha recompilación de fragmentos de todos as obras que gañaron o premio de narrativa da institución provincial dende a súa creación.

A publicación está coordinada por Mercedes Monmany, comisaria do premio, e recolle unha selección das obras publicadas dende o ano 1989, cando gañou Pedro Crespo, ata o 2014, data en que recibiu o galardón Jorge Eduardo Benavides.

Os estratos das novelas recollidas manteñen o formato e a paxinación no que foron publicadas no seu momento e van precedidas dunha fotografía e unha pequena biografía de cada autor.
A intención da Deputación Provincial é que este mes estea rematado xa o segundo dos libros que se editarán con motivo do aniversario do premio decano da institución. Trátase de “Las ciudades de Torrente”, obra de José Antonio Ponte Far.

Ambas as dúas obras serán repartidas polas bibliotecas de todos os concellos da provincia, colexios, institutos e sedes de institucións públicas co obxectivo de darlle a maior difusión posible.

HISTORIAL DE GAÑADORES

Convocatoria Autor Obra
2013: XXV Premio Jorge Eduardo Benavides El enigma del convento
2012: XXIV Premio Ernesto Pérez Zúñiga El tercer sonido
2011: XXIII Premio Esther Bendahan Cohen Amor y ley. El tratado del alma gemela
2010: XXII Premio José María Guelbenzu El hermano pequeño
2009: XXI Premio Milagros Frías Albalá El verano de la nutria
2008: XX Premio Carlos González Reigosa O xornalista. A vida do outro
2007: XIX Xosé Manuel Pacho Blanco A Choiva do mundo
2006: XVIII Premio Jose María Merino El lugar sin culpa
2005: XVII Premio Andrés Barba Versiones de Teresa
2004: XVI Premio Luisa Castro Una patada en el culo
2003: XV Premio Xesús Constela Doce As humanas proporcións
2002: XIV Premio Rubén Abella La sombra del escapista
2001: XIII Premio César Gavela El obispo de Cuando
2000: XII Premio Xosé Vázquez Pintor A memoria do boi
1999: XI Premio Carlos Martínez Montesinos Una bandada de mujeres muertas
1998: X Premio Francisco Javier Guzmán Fernández La Brigada Lincoln
1997: IX Premio Fernando Palazuelos Gete La trastienda azul
1996: VIII Premio Xosé Carlos Caneiro Pérez Un xogo de apócrifos
1995: VII Premio Manuel Rivas ¿Que me queres, amor?
1994: VI Premio José María Parreño Las guerras civiles
1993: V Premio Antonio Pereira Las ciudades de Poniente
1992: IV Premio Victor F. Freixanes A cidade dos Césares
1991: III Premio Ignacio Martínez de Pisón Nuevo plano de la ciudad secreta
1990: II Premio Vlady Kociancih Todos los caminos
1989: I Premio Pedro Crespo La muerte en la boca

Lea también

Ares entrega os premios do IV Concurso de Escritura Creativa de Microrrelatos Escolares

Concello de Ares e CPI As Mirandas entregaron esta semana os premios do IV Concurso …