O BNG mantivo unha reunion de traballo con membros do comité de empresa de Megasa

naron-bng megasa-5-12O BNG de Narón mantivo unha reunión de traballo con membros do comité de empresa de  Megasa da que informan nunha nota  na que sinalan que «despois de transcorrido ano e medio dende que os e as traballadoras da empresa siderúrxica Megasa, emprazada en Narón, iniciaran unha serie de mobilizacións derivadas da situación de discriminación na que o gobernó do Partido Popular deixaba á factoría naronesa tras da aprobación polo gobernó do Estado español de diversa normativa para o coñecido sistema de interrumpibilidade e o reparto de megavatios para as empresas, volvémonos atopar con que o problema segue existindo, e así o reflexaban os medios de comunicación hai uns días.

Dende o BNG de Narón, preocupados pola coxuntura que recollían os xornais, consideramos oportuno chamar ao Comité de Empresa ao tempo que Rosana Pérez, Deputada do Bloque Nacionalista Galego no Congreso dos Deputados, presentaba unha iniciativa na cámara baixa pedindo novamente a retirada deste tipo de sistema baseado  a poxa e se voltea o anterior sistema, establecendo os prezos por consumo e, inicidindo tamén na necesidade dunha tarifa eléctrica galega.

 Os asuntos tratados na xuntanza mantida na tarde deste venres, día 5, entre membros do BNG local e representantes do Comité quedaron pendentes ata o mércores próximo, a expensas do que se trate no encontró entre os Delegados sindicais e a Empresa que se celebrará o martes día 9, se ben dende o BNG xa anunciamos o noso aopio ás medidas que dende o Comité se consideren oportunas para garantir o mantemento dos postos de traballo. «

Lea también

Ferreiro e Rey Varela valoran a desmontaxe das líneas de alta tensión entre Narón e Ferrol

UFD, a distribuidora eléctrica de Naturgy, está a finalizar o desmonte das dúas liñas de …